Ferramentas de Consulta Rápida sobre a Prevención primaria e secundaria do Ictus

Preguntas

Apartado 4. RISCO CARDIOVASCULAR

1 ¿De que sistemas se dispón para avaliar o risco vascular?
2 ¿A que poboación e con que frecuencia se lle debe avaliar o risco vascular?
arriba

Apartado 6. PREVENCIÓN PRIMARIA DO ICTUS

3 ¿Cales sons os principais factores de risco de sufrir un episodio de ictus?
4 ¿As intervencións sobre os estilos de vida reducen o risco de sufrir un episodio de ictus?
5 ¿Que estratexias existen para reducir o consumo de alcohol ou para abandonar o hábito tabáquico?
6 En persoas con obesidade, ¿que estratexias se mostraron beneficiosas para reducir o peso corporal?
7 ¿Que tipo de tratamento antihipertensivo demostrou ser máis beneficioso para reducir o risco de sufrir un episodio de ictus?
8 ¿Cales son as cifras obxectivo de presión arterial?
9 En persoas con diabete, ¿cal é o risco de sufrir un episodio de ictus?
10 ¿Que estratexias poden previr o desenvolvemento de diabete?
11 ¿As persoas cunhas cifras de colesterol en plasma elevado ou outras dislipemias teñen un maior risco de sufrir un episodio de ictus isquémico ou ataque isquémico transitorio?
12 ¿Os tratamentos orientados a reducir a cantidade de colesterol no plasma diminúen o risco de sufrir un episodio de ictus isquémico ou ataque isquémico transitorio?
13 ¿Cal é o modo a abordaxe terapéutica máis axeitado nas persoas que presenten criterios de síndrome metabólica?
14 ¿As mulleres que toman anticonceptivos orais teñen maior risco de sufrir un episodio de ictus isquémico, hemorráxico ou de trombose de veas cerebrais?
15 Nas mulleres posmenopáusicas, ¿a terapia hormonal reduce o risco de sufrir un ictus ou outros episodios vasculares?
16 En pacientes con trombofilias conxénitas ou adquiridas, ¿o tratamento antitrombótico reduce o risco de sufrir un episodio de ictus?
17 ¿Existe algún tratamento eficaz para reducir o risco de ictus en pacientes con alteracións como as cantidades elevadas de homocisteína o lipoproteína A no plasma ou que sofren episodios de xaqueca ou enfermidade de células falciformes?
18 En pacientes con certas cardiopatías embolíxenas (fibrilación auricular, infarto de miocardio, fracción de dexección reducida, próteses valvulares, estenose mitral ou prolapso da válvula mitral), ¿o tratamento antitrombótico (antiagregante/anticoagulante) reduce o risco de sufrir un episodio de ictus?
19 En pacientes con estenose da arteria carótide, ¿o tratamento cirúrxico é eficaz para reducir o risco de sufrir un primeiro episodio de ictus?
20 ¿O tratamento con antiagregantes plaquetarios tras a intervención ofrece beneficios adicionais?
21 ¿O rastrexo da estenose da arteria carótide na poboación xeral adulta é razoable?
22 ¿O tratamento con antiagregantes plaquetarios reduce o risco de sufrir un episodio vascular ou de ictus en persoas con distintos niveis de risco vascular?
23 ¿Que dose de antiagregantes se mostrou eficaz para previr episodios vasculares ou de ictus?
24 En pacientes embarazadas que requiren tratamento antitrombótico (antiagregante/anticoagulante), ¿cales son as opcións terapéuticas existentes?
25 ¿Cal é o risco de sangrado en pacientes que reciben tratamento con anticoagulantes?
26 En pacientes cun aneurisma intracerebral íntegro, ¿a intervención sobre a malformación (con cirurxía ou por vía endovascular) reduce o risco de ter unha hemorraxia subaracnoidea?
arriba

Apartado 7. PREVENCIÓN SECUNDARIA DO ICTUS

27 ¿Cal é o risco de sufrir un ictus en persoas que xa sufriron un episodio de ictus isquémico ou ataque isquémico transitorio?
28 En pacientes con antecedentes dun episodio de ictus, ¿as intervención sobre os estilos de vida reducen o risco de novos episodios?
29 En pacientes con antecedentes dun episodio de ictus, ¿o tratamento antihipertensivo reduce o risco de novos episodios?
30 ¿Cales son as cifras obxectivo de presión arterial?
31 En pacientes con antecedentes dun episodio de ictus, ¿o tratamento hipolipemiante reduce o risco de novos episodios?
32 ¿Cales son as doses óptimas do tratamento hipolipemiante?
33 ¿Cales son as cifras obxectivo de lípidos no sangue?
34 Nas mulleres posmenopáusicas e con antecedentes dun episodio de ictus, ¿a terapia hormonal reduce o risco de novos episodios?
35 En pacientes con trombofilias conxénitas ou adquiridas que sufriron un episodio de ictus, ¿o tratamento antitrombótico reduce o risco de novos episodios?
36 En pacientes con antecedentes dun episodio de ictus e hiperhomocisteinemia, ¿os complexos vitamínicos reducen o risco de novos episodios?
37 En pacientes con certas cardiopatías (fibrilación auricular, prótese valvular cardíaca, estenose mitral, prolapso da válvula mitral, forame oval permeable) e antecedentes dun episodio de ictus isquémico ou ataque isquémico transitorio, ¿o tratamento antitrombótico (anticoagulante/antiagregante) reduce o risco de novos episodios?
38 En pacientes con estenose da arteria carótide e antecedentes dun episodio de ictus isquémico ou ataque isquémico transitorio, ¿a endarterectomía carotídea fronte ás técnicas endovasculares reduce o risco de novos episodios?
39 ¿O tratamento antitrombótico (antiagregante/anticoagulante) tras a intervención ofrece beneficios adicionais?
40 En pacientes con antecedentes dun episodio de ictus isquémico ou ataque isquémico transitorio de orixe non cardioembólica, ¿o tratamento antitrombótico reduce o risco de novos episodios?
41 En pacientes con trombose de veas cerebrais, ¿o tratamento anticoagulante reduce o risco de novos episodios?
42 ¿Cal é a actitude terapéutica que hai que adoptar cun paciente que presenta unha hemorraxia intracerebral durante o tratamento con antitrombóticos?

Última actualización: julio 2009

Logo del Ministerio de Sanidad y ConsumoLogo del Plan de Calidad del Sistema Nacional de SaludAgència d’Avaluació de Tecnologia i Recerca Mèdiques de Cataluña

Copyright (Cast.) | Ayuda (Cast.) | Mapa (Cast.)