Ferramentas de Consulta Rápida sobre Diabete tipo 2

Preguntas


Apartado 5. DEFINICIÓN, HISTORIA NATURAL, CRITERIOS DIAGNÓSTICOS E CRIBADO DE DM 2

1 ¿Cal é a definición de diabete? Criterios diagnósticos, probas que se deben realizar e puntos de corte.
2 ¿Cales son os factores de risco para desenvolver DM 2?
3 ¿En que grupos de risco está indicado o cribado de diabete?
4 ¿Cal é a proba máis fiable para o cribado de diabete: glicemia en xaxún, sobrecarga de glicosa, hemoglobina glicosilada (HbA1c)? ¿Cada canto tempo hai que realizar o cribado en poboación de risco?
5 ¿Cal é a validez diagnóstica da HbA1c en pacientes con glicemia plasmática entre 110 e 126 mg/dl?
6 ¿Cal é a validez diagnóstica da glicemia capilar fronte á venosa e fronte á curva para o diagnóstico ou cribado de diabete?

Apartado 6. PREVENCIÓN DA DIABETE EN PACIENTES CON HIPERGLICEMIAS INTERMEDIAS

7 ¿Que intervencións son eficaces para previr o desenvolvemento de diabete en pacientes con glicemia basal alterada ou intolerancia á glicosa (dieta, exercicio, tratamento farmacolóxico)?

Apartado 7. DIETA E EXERCICIO

8 ¿Cal é a dieta máis axeitada no paciente con diabete?
9 ¿Cales son os efectos do exercicio físico en pacientes con DM 2? ¿Que tipo de exercicio se recomenda?

Apartado 8. CONTROL GLICÉMICO

10 ¿Cales son as cifras obxectivo de HbA1c?
11 ¿Cal é o tratamento farmacolóxico inicial de pacientes con diabete que non acadan criterios de control glicémico adecuados?
12 ¿Cal é o tratamento máis axeitado no caso de fracasar a terapia inicial?
13 ¿Que estratexias de combinación de fármacos son recomendables no tratamento de pacientes con diabete con mal control glicémico?
14 ¿Que estratexias de combinación de fármacos son recomendables no tratamento de pacientes con diabete con mal control glicémico tras a utilización de dobre terapia oral (tripla terapia oral fronte a insulina)?
15 ¿Débese continuar o tratamento con antidiabéticos orais en pacientes nos que se inicia o tratamento con insulina?
16 ¿Que pauta de insulina de inicio é a máis adecuada en pacientes con fracaso de fármacos orais?
17 ¿Cal é a eficacia e seguridade dos análogos de insulina fronte a insulinas convencionais en pacientes con DM 2 que requiren insulina?

Apartado 9. CRIBADO E TRATAMENTO DAS COMPLICACIÓNS MACROVASCULARES

18 ¿É o risco cardiovascular dos pacientes diabéticos equiparable ao risco dos que sufriron un infarto agudo de miocardio? ¿Que táboa de risco se recomenda en pacientes con DM 2?
19 ¿Hai que realizar cribado de cardiopatía isquémica en persoas adultas con DM 2? ¿Cal é o método para realizar o cribado de cardiopatía isquémica?
20 ¿Débense tratar con ácido acetil salicílico as persoas diabéticas?
21 ¿O tratamento con estatinas diminúe as complicacións cardiovasculares na diabete? ¿Cando está indicado o tratamento con estatinas en pacientes con diabete?
22 ¿Cales son as cifras de PA obxectivo no tratamento do paciente diabético hipertenso?
23 ¿Cal é o tratamento antihipertensivo de elección en pacientes con diabete e hipertensión arterial?

Apartado 10. CRIBADO E TRATAMENTO DAS COMPLICACIÓNS MICROVASCULARES

24 ¿Hai que realizar cribado da retinopatía diabética? ¿Con que técnica e cada canto tempo?
25 ¿Hai que realizar cribado da nefropatía diabética? ¿Cal é a periodicidade do cribado? ¿Que métodos se deben usar?
26 ¿Cal é o tratamento de pacientes con DM 2 e microalbuminuria?
27 ¿Cal é o tratamento da neuropatía diabética dolorosa?
28 ¿Cal é o tratamento da disfunción eréctil no paciente diabético tipo 2?

Apartado 11. PÉ DIABÉTICO AVALIACIÓN, PREVENCIÓN E TRATAMENTO

29 ¿Hai que realizar cribado do pé diabético? ¿Con que frecuencia? ¿Con que método?
30 ¿Cales son as medidas preventivas máis eficaces para previr complicacións do pé diabético?
31 ¿Cal é a eficacia das intervencións para tratar as úlceras do pé diabético?

Apartado 12. EDUCACIÓN DIABETOLÓXICA

32 ¿Cales son os obxectivos e contidos da educación dirixida a pacientes con DM 2?
33 ¿É eficaz a educación dirixida a pacientes con DM 2?
34 ¿Como debe ser a educación dirixida a pacientes con DM 2 en Atención Primaria e en Atención Especializada?
35 ¿É eficaz o autocontrol da persoa con DM 2 (con compoñentes como autocontrol de peso, exercicio, autoanálise, pé ou presión arterial)? ¿Como debe ser o contido do programa de autocontrol?
36 ¿É eficaz a autoanálise en pacientes con DM 2, insulinizados e non insulinizados?

Apartado 13. ORGANIZACIÓN DA CONSULTA CO PACIENTE CON DM 2

37 ¿Cales son os criterios de derivación a consulta especializada que se propoñen?
38 ¿Cal é o estudo inicial de persoas adultas con DM 2?
39 ¿Cales son os criterios aceptables de control que se propoñen en pacientes con diabete?
40 ¿Cal é o contido do control periódico en consulta médica e de enfermería?

Última actualización: 23 de marzo de 2009

Logo del Ministerio de Sanidad y ConsumoLogo del Plan de Calidad del Sistema Nacional de SaludLogotipo del Gobierno Vasco

Copyright (Cast.) | Ayuda (Cast.) | Mapa (Cast.)