Apartado 5. CANCRO DE PRÓSTATA LOCALIZADO |
| 1 |
¿Cales son os factores prognósticos no cancro de próstata localizado? |
| 2 |
No paciente con cancro de próstata clinicamente localizado, ¿cal é a eficacia e seguridade das distintas opcións de tratamento? |
| 3 |
No paciente con cancro de próstata clinicamente localizado no que está indicada a cirurxía, ¿cal é a eficacia e seguridade dos distintos tipos de cirurxía radical laparoscópica (transperitoneal ou extraperitoneal, con asistencia robótica ou sen ela) en comparación coa prostatectomía radical aberta? |
| 4 |
Nun paciente con cancro de próstata clinicamente localizado ao que lle indicamos unha cirurxía radical con intención curativa, ¿aumenta a linfadenectomía as taxas de curación da enfermidade? En caso de realizala, ¿que é mellor: linfadenectomía estendida ou limitada? |
| 5 |
No paciente con cancro de próstata clinicamente localizado ao que se lle indica unha prostatectomía radical, ¿que porcentaxes de marxes cirúrxicas positivas se obteñen cando se decide conservar ou non conservar os feixes neurovasculares (uni ou bilateralmente)? ¿E que resultados obteremos con respecto á incontinencia urinaria e a disfunción eréctil? |
| 6 |
No paciente con cancro de próstata clinicamente localizado ou localmente avanzado no que está indicada a radioterapia (externa e/ou braquiterapia), ¿que volume, dose e fraccionamento ten unha mellor eficacia e seguridade segundo o risco? |
| 7 |
No paciente con cancro de próstata clinicamente localizado sometido a tratamento con intención curativa, ¿mellora as taxas de curación da enfermidade a aplicación dun tratamento hormonal neoadxuvante ou adxuvante? |
| 8 |
¿Cando se pode finalizar o seguimento dun paciente con cancro de próstata localizado tras tratamento con intención curativa (prostatectomía radical e radioterapia radical)? ¿Con que probas e con que frecuencia se debe realizar? |
Apartado 6. CANCRO DE PRÓSTATA LOCALMENTE AVANZADO |
| 9 |
¿Cal é a opción máis eficaz e segura de tratamento para un paciente con cancro de próstata en estado clínico localmente avanzado? |
| 10 |
No paciente sometido a prostatectomía radical no que se demostra cancro de próstata localmente avanzado e/ou marxes cirúrxicas microscópicas positivas, ¿instaurar un tratamento adxuvante (radioterapia) é máis eficaz e seguro que non instauralo? |
| 11 |
No paciente con cancro de próstata en estadio clínico localmente avanzado no que está indicada a cirurxía, ¿a realización de linfadenectomía aumenta as taxas de curación da enfermidade? ¿No caso de realizarse, que é mellor, linfadenectomía estendida ou limitada? |
| 12 |
No paciente con cancro de próstata localmente avanzado sometido a tratamento local (como radioterapia ou cirurxía), asociado a hormonoterapia, ¿que forma de tratamento hormonal é máis eficaz e segura: monoterapia con antiandróxenos, monoterapia con agonistas LHRH ou bloqueo androxénico completo? |
Apartado 7.CANCRO DE PRÓSTATA EN PROGRESIÓN BIOQUÍMICA |
| 13 |
¿En pacientes con cancro de próstata sometidos a prostatectomía ou radioterapia con intención curativa, cal sería o mellor criterio analítico para o diagnóstico de progresión bioquímica? |
| 14 |
No paciente con progresión bioquímica tras prostatectomía radical, ¿que tipo de intervención de rescate é máis eficaz e segura? |
| 15 |
No paciente con progresión bioquímica tras radioterapia ou braquiterapia con intención curativa, ¿que tipo de intervención de rescate é máis eficaz e segura? |
| 16 |
Naqueles pacientes sometidos a tratamento curativo que estean en progresión bioquímica e nos que estea indicado o tratamento hormonal (tratamento activo), ¿cando debe iniciarse este? |
| 17 |
Naqueles pacientes sometidos a tratamento curativo que estean en progresión bioquímica e nos que estea indicado o tratamento hormonal, ¿que é máis eficaz e seguro: aplicalo de forma continua ou aplicalo de forma intermitente? |
Apartado 8. CANCRO DE PRÓSTATA DISEMINADO |
| 18 |
En pacientes con cancro de próstata diseminado, ¿que é máis eficaz e seguro: o tratamento mediante bloqueo androxénico completo ou a castración (cirúrxica ou química)? |
| 19 |
En pacientes con cancro de próstata diseminado (afectación ganglionar e/ou metastática), ¿que é máis eficaz e seguro: o tratamento hormonal inmediato ou o tratamento hormonal diferido? |
| 20 |
No paciente con cancro de próstata diseminado, ¿que tratamento hormonal é máis eficaz e seguro: o continuo ou o intermitente? ¿Con que pautas de tratamento? |
| 21 |
No paciente con cancro de próstata diseminado no que tras fallar a primeira liña de tratamento hormonal (supresión androxénica, bloqueo androxénico completo) comeza a aumentar o PSA, ¿que é máis eficaz e seguro: continuar coas seguintes liñas de tratamento hormonal ou iniciar a quimioterapia? |
| 22 |
No paciente con cancro de próstata diseminado andróxeno-independente, ¿que é máis eficaz e seguro para a mellora da supervivencia global, a resposta clínica ou bioquímica, a supervivencia libre de progresión e a redución de efectos adversos: estramustina, mitoxantrone, docetaxel, docetaxel-estramustina, vinorelbina ou etopósido? |
| 23 |
En pacientes con cancro de próstata andróxeno-independente aos que se lles vai dar quimioterapia, ¿é máis eficaz e segura iniciala no momento da progresión bioquímica ou esperar á progresión clínica? |
| 24 |
No paciente con cancro de próstata diseminado en progresión tras tratamento hormonal ao que se lle vai dar quimioterapia, ¿modifícanse a eficacia e a seguridade se se suprimen os agonistas LHRH? |
| 25 |
No paciente con cancro de próstata diseminado, ¿a intervención con bifosfonatos (ácido zoledrónico), fronte a non facer nada, mellora a supervivencia libre de eventos óseos, a dor ósea e a calidade de vida, e permite unha diminución das doses de analxésicos? |
| 26 |
No paciente con cancro de próstata diseminado, ¿permite a administración de radiofármacos un mellor control e/ou unha redución da dor ósea metastática? |